O Día das Letras Galegas deste ano está adicado ás cantareiras e a poesía popular oral. Son seis as que poñen nome, pero representan miles que transmitiron ese gran tesouro

Para recoñecer este saber e quen o gardou, a Real Academia Galega decidiu centrarse, simbólicamente, en seis mulleres que cantaban acompañadas de pandeiretas ou pandeiros:
- Adolfina Casás Rama e Rosa Casás Rama (Cerdeda, Ordes), tía e sobriña, criadas como irmás.
- Eva Castiñeira (Muxía): primeira pandereteira en actuar cun grupo folk.
- Prudencia e Asunción Garrido Meijende, e Manuela Lema Villar (tres das Pandereteiras de Mens). Adela e Teresa faleceron hai menos de dez anos, o que impide que poidan ser homenaxeadas oficialmente neste día.
É todo un fito que sexan eles as homenaxeadas: por una parte, porque a lista de mulleres nesta celebración e pequena e, por outra, porque é a primeira vez que a RAG recoñece a literatura oral.
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela gardaban una tradición marabillosa: cantaban, tocaban e bailaban para divertirse, esquecerse do traballo, estar cos seus amigos… Eran as foliadas: xuntanzas onde había xente de todas as xeracións. A comezos do século XX estas foliadas facíanse coa única intención de pasalo ben e socializar. Quedábase nalgunha casa, nunha corte que se limpaba para a ocasión, e mesmo en construcións que se adicaban só a iso. Nestes encontros, eran as mulleres as que poñían a música e o canto, tocando normalmente a pandeireta, o pandeiro, as cunchas ou latas grandes nas que viña o pemento moído.
As melodías de Eva Castiñeira tamén están presentes no álbum de Milladoiro Galicia no país das maravillas (1986):
Adolfina e Rosa, tía e sobrina, naceron nun lugar chamado A Vila da Igrexa, a donde chegou en 1980 Dorothé Schubart. Quedou impresionada pola variedade das melodías que interpretaban, a orixinalidade das súas coplas (algunhas delas únicas no repertorio galego) e a súa capacidade para a creación e a improvisación. Indo de lugar en lugar, gravou sobre todo mulleres cantareiras. Para facelo aprendeu galego nuns cursos onde coñeceu ao que sería o seu axudante: o profesor Antón Santamarina. Durante a década de 1970 e comezos de 1980 percorreu Galicia coa súa grabadora: acumulou máis de 300 horas de gravacións, unhas 5.000 letras, centos de fotografías, notas… Coa axuda de Antón Santamarina clasificaron e editaron todo ese material no Cancioneiro popular Galego. Tamén se pode consultar a versión dixital con anotacións e partituras.
- O volume 1 está adicado a oficios e labores.
- O volume 2 ás festas anuais.
- O volume 3 a romances tradicionais (melodías e letras).
- Os volumes 4 e 5 romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais.
- O volume 6 coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos.
- O volume 7 táboas sinópticas e índices.
O traballo de Dorothé Schubarth xunto a Antón Santamarina supuxo un antes e un despois na etnografía musical galega. Ademais, tiveron a xenerosidade de depositar o seu legado no Museo do Pobo Galego e deixalo ao dispor de todo o mundo. No Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade podemos escoitar as gravacións de Dorothé.
Outras obras destacadas son:
- Cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro: o primeiro en conter partituras (1942). Interpretacións por David Bellas.
- Cancionero gallego de Eduardo M. Torner e Jesús Bal e Gay: interpretacións por David Bellas (graciñas!) (1974).
- Cancioneiro de Galicia, recopilado por Carlos Villalba Freire (1976).
- Cancioneiro Antropolóxio. Quiroga, Rival do Sil y montañas do Lor. Selección de Xosé Luis Foxo.
- Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense (volume 1 – Avión e Beariz- e volume 2 -comarca da Limia-).
- Cancioneiro Eu non canto por cantar, de Manuel Rico Verea e Antón Santamarina (2014), editado por Supermercados Gadis.
«Se canto é porque quero» é a serie documental de tres capítulos das Letras Galegas 2025, producida pola Real Academia Galega.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E AUDIVISUAIS
Se tes fillos ou traballas con rapaces de Ed. Infantil (incluso Ed. Primaria!) recoméndoche o libro Dinguirindiña, de Caldo, que inclúe esta canción:
Outras recomendacións que non te podes perder:

«Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras», de María Lado. Neste vídeo a propia María volo explica. Este libro é unha viaxe ao seu tempo e ao seu lugar, durante a cal descubrirás cousas sorprendentes e coñecerás xente a quen, coma ti, a move a curiosidade.

Este álbum ilustrado, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de María Cobo, encántame. Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas. Seguimos a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Acompañamos á musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar. Tocamos coas pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos.
GRUPOS MUSICAIS ACTUAIS
Achegándonos un pouquito máis ó noso tempo, nos anos 70 do século pasado destacaron grupos como Fuxan os Ventos, e nos 80-90, artistas como Mercedes Peón, que recolleu e levou aos escenarios e á televisión a nosa música de raíz, recuperando instruentos de ámbito cotián coma o sacho, as pedras, as culleres…
Outros nomes indispensables son o de Quique Peón ou os de Felisa Segade, Montse Rivera, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez, as integrantes do pioneiro grupo Leilía, que puxo as mulleres cantareiras e pandereteiras no centro dos escenarios.
Tamén hai que nomear a Xulia Feixoo, Uxía Senlle ou Ugia Pedreira, a Xabier Díaz, Xisco Feijoo, Davide Salvado, Marcelo Dobode…, xunto a moitas e moitos máis.
No seguinte vídeo podes apreciar perfectamente os pandeiros cadrados:
Recoméndoche esta colección con cancións recollidas para as Letras Galegas:
Todos eles non só recolleron as cantigas coa intención de preservalas, senón e sobre todo para que continuase viva a tradición e se mantivese o obxectivo orixinal desta música: xuntarse e celebrar, cantar e bailar. Así, gracias ao traballo de moitas persoas e asociacións, volveron a celebrarse bailes, foliadas e ruadas.
Co novo milenio cheou tamén a esperanza e a ilusión. Novos grupos e xente nova, nomeadamente mulleres, que parten da tradición para construír novas músicas e novas linguaxes coas que recollen os seres e sentires actuais, desde a diversidade: Tanxugueiras, Mondra, Rabelo, Fillas de Cassandra, Faia Díaz, Caamaño&Ameixeiras, Sés, Baiuca, Malvela, Richi Casás… Eva Mejuto ofrece esta lista de reprodución: