O Día das Letras Galegas deste ano está adicado ás cantareiras e a poesía popular oral. Son seis as que poñen nome, pero representan miles que transmitiron ese gran tesouro

Para recoñecer este saber e quen o gardou, a Real Academia destaca seis mulleres que cantaban acompañadas de pandeiretas ou pandeiros:
- Adolfina Casás Rama e Rosa Casás Rama (Cerdeda, Ordes), tía e sobriña, criadas como irmás.
- Eva Castiñeira (Muxía): primeira pandereteira en actuar cun grupo folk.
- Prudencia e Asunción Garrido Meijende, e Manuela Lema Villar (tres das Pandereteiras de Mens).
É todo un fito que sexan eles as homenaxeadas: por una parte, porque a lista de mulleres nesta celebración e pequena e, por outra, porque é a primeira vez que a RAG recoñece a literatura oral.
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela gardaban una tradición marabillosa: cantaban, tocaban e bailaban para divertirse, esquecerse do traballo, estar cos seus amigos… Eran as foliadas: xuntanzas onde se xuntaba xente de todas as xeracións. A comezos do século XX estas xuntanzas facíanse coa única intención de pasalo ben e socializar. Quedábase nalgunha casa, nunha corte que se limpaba para a ocasión, e mesmo en construccións que se dedicaban só a iso. Nestes encontros, eran as mulleres as que poñían a música e o canto, tocando normalmente a pandeireta, o pandeiro, as cunchas ou latas grandes nas que viña o pemento moído.
Adolfina e Rosa, tía e sobrina, naceron nun lugar chamado A Vila da Igrexa, a donde chegou en 1980 Dorothé Schubart. Descubriu a riqueza dunha tradición que a enfeitizou. Indo de lugar en lugar, gravou sobre todo mulleres cantareiras. Para facelo aprendeu galego nuns cursos onde coñeceu ao que sería o seu axudante: o profesor Antón Santamarina. Durante a década de 1970 e comezos de 1980 percorreu Galicia coa súa grabadora: acumulou máis de 300 horas de gravacións, unhas 5.000 letras, centos de fotografías, notas… Coa axuda de Antón Santamarina clasificaron e editaron todo ese material no Cancioneiro popular Galego.
- O volume 1 está adicado a oficios e labores.
- O volume 2 ás festas anuais.
- O volume 3 a romances tradicionais (melodías e letras).
- Os volumes 4 e 5 romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais.
- O volume 6 coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos.
- O volume 7 táboas sinópticas e índices.
«Se canto é porque quero» é a serie documental de tres capítulos das Letras Galegas 2025, producida pola Real Academia Galega.
Recoméndoche o libro Dinguirindiña, de Caldo, que inclúe esta canción:
Engado, a continuación, algúns enlaces que poder ser do voso interese:
- Cantigas medievais galego-portuguesas: https://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp
- Os instrumentos musicais na tradición galega: https://consellodacultura.gal/asg/instrumentos/
A maioría do texto está extraído do libro «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras», de María Lado. Neste vídeo a propia María volo explica. Unha aperta moi forte!

Esta publicación, como todas a deste blog, está viva. Continuarei engandindo material pouco a pouco. ¡Calquera aportación será ben recibida!